A Muralla de Mondoñedo

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Mondoñedo, coma toda cidade de relevancia na época medieval, contou cunha muralla para protexela en teoría das escaramuzas e incursións bélicas que acontecerán na contorna da cidade. Que funcións tiña esta cerca? Canto tempo levou construíla? Ata cando estivo presente na paisaxe urbana mindoniense? Conservamos algunha pegada da mesma actualmente?

O comezo do poboamento

 

O poboamento no actual val de Mondoñedo trasládase ás épocas máis antigas da historia galega, mais podemos falar de poboacións de moita relevancia na época castrexa con castros fortemente asentados como na Recadieira, en Lindín ou en Zoñán, sendo o maior este último. Xa cara o val atopamos na toponimia unha zona coñecida como “Os Castros”, onde recentes escavacións amosaron restos arqueolóxicos de grande importancia, destacando entre estruturas e cerámicas varias, un esquelete -probablemente de muller, aínda en estudo- e un crismón paleocristián. A partir deste momento, aínda que hai algunhas evidencias dunha forte presenza romana, perdemos a pista até o ano 1113, no que se decide no concilio de Palencia o traslado da sé catedralicia do Mondoñedo primixenio -actualmente San Martiño de Mondoñedo, no concello de Foz- á Vilamaior do Val de Brea, actual emprazamento de Mondoñedo a uns 20 km do primeiro. Este traslado, baixo o bispado de Nuño Afonso e coa ratificación da Raíña Urraca no 1117, provoca un cambio na firma dos bispos, os cales deixan de asinar como “minduniensis” para titulárense como “vallibriensis”, como xa faría o mesmo Nuño Afonso ao serlle concedida a Igrexa de San Salvador de Sarria no 1114. (Cal Pardo, 2003, págs. 96-97)

Pouco tempo despois aparece en escena o rei Afonso VII, quen en virtude da súa potestade real, concedeu o 9 de novembro de 1156 a Mondoñedo -daquela, Vilamaior do Val de Brea- os foros e as leis de León, o dereito a oito días de feira pola Virxe de Agosto e confirmou ao bispo Pedro Gudestéiz os coutos e privilexios do bispado. Este documento é recoñecido tradicionalmente como aquel que confirma a Mondoñedo como cidade, (Cal Pardo, 2003, pág. 104) y (Mayán Fernández, 1994, pág. 33) representando así un fito merecedor dunha placa explicativa no centro neurálxico da cidade, diante da estatua de don Álvaro Cunqueiro.

A pesar de diferentes avatares e un traslado da sé catedralicia a Ribadeo, Vilamaior do Val de Brea asentouse como capital episcopal e cidade de pleno dereito, facendo necesaria unha muralla para acadar un mínimo de seguridade en caso de escaramuzas ou ofensivas bélicas.

 

A muralla e a súa extensión final.

 

A primeira noticia que temos sobre a muralla aparece o 22 de xuño do ano 1320, cando se nos referencia un acordo realizado polo concello de Vilamaior-Mondoñedo e o Bispado sobre a construción dun cercado que protexera á cidade. Este último adiantouse nas obras na Porta da Fonte, comezándoas e encargándose da construción do cercado dende esta até a Porta de Batitales (Cal Pardo, 2003, pág. 157) (Lence-Santar y Guitián, 1950). O concello, pola súa conta, debería ocuparse do erguemento do cercado restante cunhas características similares ás das obras xa acometidas.

A extensión final da muralla abranguería a améndoa central da cidade, creada pola Catedral e as rúas próximas, comezando no entorno da actual Fonte Vella, baixando até os terreos onde se atopa a Praza do Seminario, cruzándoa e encarando a Rúa da Ponte e a Travesía Casas Novas. A partir deste punto continuaría polas actuais Praza do Concello, Rúa Concepcionistas e Rúa Febrero até o inicio na Rúa da Fonte. Fóra estarían os barrios dos Muíños, de San Lázaro e dos Remedios, así como as Casas Novas, as cales poderían deber o seu nome ao feito de seren edificadas após a consolidación da muralla.

No relativo ás portas abertas na muralla, ábrense diferentes interpretacións. A primeira delas preséntanola Lence-Santar, cronista oficial de Mondoñedo e avogado, quen establece que as portas son a da Vila -Fonte Vella-, da Rúa do Pumar -actual Rúa da Imprenta-, da Porta das Angurias -Casa do Concello- e a de Batitales -Concepcionistas-. (Lence-Santar y Guitián, 1950, pág. 30) Por outra banda, López Alsina, no ano 1976, defende que as portas son 6, as cales serían as da Fonte -Fonte Vella-, de Batitales -Rúa Progreso-,  da Rúa Nova -Casas Novas-, da Rúa dos Ferreiros -Casa do Concello-, de Cesuras -Concepcionistas- e a Pequena -Rúa da Imprenta- (López Alsina, 1976, pág. 49). Nós, por estar máis aceptada no ámbito histórico mindoniense, tomaremos como certa a interpretación de Lence-Santar, sen querermos desmerecer o traballo de López Alsina.

A evolución da muralla e as súas funcións

 

Ao pouco de acadarse o acordo entre as institucións de Vilamaior-Mondoñedo, en 1327 faise forte na cidade o nobre Pedro Fernández de Castro, quen incendia o núcleo e os seus arrabales, facéndose forte na Catedral, de onde sería expulsado pouco despoi (Lence-Santar y Guitián, 1950, pág. 23) s. Deste feito podemos dubidar, ben da finalización da construción do muro, ben da súa calidade, cuestión que será moi recorrente nos séculos posteriores. Nos anos seguintes temos constancia dun momento de tensión no 1381, cando as institucións -Bispado, Cabido e Concello- acordan estableceren quendas de garda. Nos séculos seguintes poderemos ver como se reforma o trazado do muro baixo o bispado de Diego de Soto Varela, no século XVI, quen amplía o perímetro para engadir un cárcere nunha marxe do Río Sixto, fronte a Fonte Vella.

A mediados deste século tamén nos fala Lence-Santar nun traballo específico sobre a muralla dun Licenciado Santo Domingo que edificara a súa casa da rúa de Batitales e que “hazian ciertas puertas en la d[ic]ha casa que salían a la d[ic]ha Ronda de la d[ic]ha cerca” (Lence-Santar y Guitián, 1950, pág. 25).  Esta cuestión non é precisamente inocente. A principal función da muralla da cidade era mantela pechada ante ameazas exteriores como podían ser cuestións bélicas así como as enfermidades infecciosas, moi habituais en época histórica, e que, en descoñecendo as causas reais da transmisión da enfermidade, eran controladas nas cidades mediante o peche das portas da muralla. Esta medida, aínda que ineficaz nalgúns casos, semellaba dar unha aparente seguridade. A presenza de portas que furaran a cerca provocaba unha grande inseguridade nas institucións da cidade. Esta cuestión déixase sentir no ano 1569, cando pola peste foron pechadas todas as portas da cidade a día 12 de decembro por acordo do Concello, deixándose a deber seis reais para pagar “la ferraje que hizo para los clavos e arguellas de la cerrume de la puerta de la rrua de la fuente”. (Lence-Santar y Guitián, 1950, pág. 25)

No ano 1578 acordouse pola Xustiza e Rexemento da cidade a construción dunha portada, dunha ponte e dunha balsa de auga na rúa da Fonte, con unha grande axuda do bispo Don Juan de Liermo, pola cal o Concello, con acordo da Xustiza e Rexemento, “mandaron que por quanto estava prevenido se pusiese vna piedra de Armas en las casas de consistorio del M. Ilte, e Rmo. Sor. Dn. Juan de Liermo, obispo y sor. de esta Ciud. atento a la aiuda que hacia para la portada puente y alberca que se avia de hacer a la rua de la puente, ordenaros que Pedro de Artiaga hiciesa dha piedra y la pusiese en la dha casa de consistorio hacia la casa del regidor Luis de Luaces, y las imperiales en el medio y las del Reino [de Galicia] hacia la ventana de la esquina.” (Lence-Santar y Guitián, 1950, págs. 25-26). Na década seguinte, por mor da caída dun treito de muro na actual Rúa da Fonte, na balsa construída dez anos antes, déixanos o bachiller Maseda a seguinte testemuña: “que en esta ciudad no había cerca, y la que abia estaba caída por cien partes, de modo que no se reputaba por cerca, y que mucho de la ciudad estaba edificado sobre ella y se entraba y se salía por ella sin impedimento ninguno.” (Lence-Santar y Guitián, 1950, pág. 26). Aquí preséntasenos a última das funcións principais da muralla: o control da entrada e saída da poboación e dos visitantes da cidade, cos seus correspondentes tributos e trabucos polo paso á cidade e polo comercio, acadando diferentes cantidades no paso do tempo.

Estas tres funcións -a bélica, a sanitaria e a médica- irán perdendo importancia coa entrada na Idade Contemporánea, deixando paso a un derrubo dos muros existentes para o medre da cidade, así como o derrubo das portas.

O derrubo das portas

 

A muralla da cidade resultou devir nun problema co paso do tempo, resultando no derrubo e desmonte das portas. A primeira delas en ser desmontada foi a Porta de Batitales, desmontada para facilitar a construción do actual convento das Concepcionistas.

A seguinte porta en presentar problemas foi a Porta da Rúa dos Ferreiros, ou da Capela da Nosa Señora das Angurias, a cal no ano 1820 atopábase nun estado completamente ruinoso e cuxo deplorábel estado provocou a oposición do xefe da Milicia Nacional, quen ordenaría o derrubo da capela e mais do arco por estaren apoiados na sala de Armas do cuartel, expoñéndoo innecesariamente a un ataque. (Lence-Santar y Guitián, 1950, págs. 28-29)

14 anos despois, o Alcalde instruíu expediente para derrubar o arco da Porta da Vila, o situado no Pazo Episcopal, fronte á Fonte Vella. O Bispado e o crego propietario da casa na que estaba apoiado o arco opuxéronse ao desmonte da porta pola súa relevancia como porta principal da cidade e como monumento da historia. O Alcalde contestou que, alén da fealdade do arco, impedía a circulación do aire debidamente e que, debaixo da súa estrutura, se realizaban actos antihixiénicos. Tras o certificado de dous médicos, o arco foi derrubado en agosto. Ao ano seguinte, no mes de xullo foi instruído expediente para demoler a porta sita na Rúa dos Templarios (Actual Rúa Pascual Veiga), mentres no mes de setembro foi derrubada a Porta da Rúa dos Ferreiros e a Capela da Nosa Señora das Angurias, cuxos obxectos foron trasladados ao Santuario dos Remedios. (Lence-Santar y Guitián, 1950, pág. 29)

A porta da Rúa dos Templarios provocará tensións entre o Concello, o Cabido e o Comandante en xefe do Seminario no momento en que este último foi fortificado no ano 1836, ao solicitar o militar que o arco fora derrubado por mor da posibilidade dun ataque ás posicións defensivas. O Concello implicouse do lado do Exército, mentres o Cabido exerceu unha forte oposición, negándose ao desmonte do arco até o ano 1854, cando a Rúa dos Templarios é ensanchada sobre os terreos do antigo cemiterio e, co ensanche, é demolida a derradeira das portas das que temos constancia. (Lence-Santar y Guitián, 1950, págs. 29-30)

A muralla mindoniense nos nosos días

 

Hoxe en día conservamos algúns restos visíbeis da muralla mindoniense. Os máis salientábeis son un pequeno resto do arco da Porta da Vila, diante a Fonte Vella; o apoio da porta da Rúa dos Ferreiros e a portada tapiada da capela da Nosa Señora das Angurias no lateral norte da Casa do Concello e un treito de lenzo da muralla na Rúa da Ponte, probablemente baixo os muros actuais. Na Praza do Seminario, após a súa remodelación, apareceron restos arqueolóxicos do propio muro e dunha pequena torre, a cal lle daba nome a eses terreos nos momentos previos á construción do Seminario. Estes restos foron balizados e sinalizados no pavimento actual, cun resalte en cachotería da torriña e marcando o largo do lenzo da cerca da cidade cunhas plaquiñas de metal fixadas ao solo.

 

Bibliografía

Cal Pardo, E. (2003). Episcopologio mindoniense. Santiago de Compostela: (Salamanca: Gráficas Lope).

Lence-Santar y Guitián, E. (1950). La muralla de Mondoñedo. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, 23-30.

López Alsina, F. (1976). Introducción al fenómeno urbano medieval gallego, a través de tres ejemplos: Mondoñedo, Vivero y Ribadeo. Lugo: Universidad de Santiago de Compostela e Excma. Diputación de Lugo.

Mayán Fernández, F. (1994). Historia de Mondoñedo. Desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Excelentísima Diputación de Lugo.

 

Apuntes sobre la organización territorial histórica de Gran Canaria

Para leres a versión en galego ILG-RAG, descarrega o pdf.

 

municipios
División actual por municipios
Guanartematos
División en Guanartematos y cantones
conquista
División en cantones tras la conquista
SanLorenzo
Territorio del antiguo municipio de San Lorenzo

La isla de Gran Canaria se sitúa en el centro del Archipiélago Canario, en el Océano Atlántico con una superficie de unos 1.560 km2 y con una población computada en el año 2017 de unos 843.158 habitantes según el ISTAC (Instituto Canario de Estadística). En cuanto a organización administrativa, la isla se ecnuentra dentro del Estado Español, en la Comunidad Autónoma de las Islas Canarias y de la provincia de Las Palmas, siendo la última provincia creada en el Estado Español hasta el momento, Tras fuertes reivindicaciones, en el año 1927, dividiendo la antigua provincia de Canarias en dos (Hernández Hernández, 2006). También presenta una administración a escala insular, el Cabildo, institución que puede ser considerada -de un jeito muy simplista- como substituta del papel de la Diputación provincial, creada mediante la Ley de Cabildos de 1912. En lo relativo a la división municipal, Gran Canaria está dividida en 21 municipios, los cuales son:

  • Agaete
  • Agüimes
  • Aldea de San Nicolás (La)
  • Artenara
  • Arucas
  • Firgas
  • Gáldar
  • Ingenio
  • Mogán
  • Moya
  • Palmas de Gran Canaria (Las)
  • San Bartolomé de Tirajana
  • Santa Brígida
  • Santa Lucía de Tirajana
  • Santa María de Guía
  • Tejeda
  • Telde
  • Teror
  • Valsequillo de Gran Canaria
  • Valleseco
  • Vega de San Mateo

De estos municipios sobresale la capital insular: Las Palmas de Gran Canaria (o vulgarmente y de modo no oficial, Las Palmas), donde se concentra una buena parte de la población da isla, así como servicios y comunicaciones. Esta ciudad también es capital de la comunidad autónoma, ex aequo con la vecina Santa Cruz de Tenerife, debido a cuestiones histórico-políticas conocidas bajo el nombre de “Pleito Insular”. Esta ciudad fue creciendo hacia los municipios contiguos, ya desde un primer momento como veremos más adelante con el caso del municipio de San Lorenzo de Tamaraceite. Pero primero debemos comentar toda la evolución histórica que podemos documentar desde nuestra posición.

 

División de los aborígenes canarii previa a la Conquista

La primera división en territorios de la isla nace con los primeros pobladores. Aunque las funtes son difusas y desconocemos el momento primigenio de estas divisiones, se nos presenta una acta levantada en 1476, conservada e resumida por Abreu Galindo en su Historia. A partir de esta podemos establecer una correlación de diez “cantones”, aunque existen menciones de diversos autores a doce de ellos. En el trabajo Instituciones políticas indígenas de Gran Canaria (Álvarez Delgado, 1982) se nos presenta una posibilidad de reconstrucción de estos doce cantones restantes. Estas estructuras territoriales estarían bajo el poder de un guayre o caudillo, que debería rendir cuentas al Guanarteme o rei, existiendo dos en la isla.

Por lo tanto la isla quedaría dividida en el guanartemato de Agáldar, con los cantones de Agáldar (Gáldar), Arehucad (Arucas), Agaete, Tejeda, Agirawan (Fontanales, Moya) y Artebirgo (lugar de tiendas); e con el guanartemato de Telde, con los cantones de Tildet (Telde), Ad-tamarasit (Tamaraceite), Utiaca (San Mateo), Agüimes, Tirajana y Arguineguín. (idem, pág. 273).

 

Construcción de los municipios actuales

Ya con la Corona castellana instalada en las Islas, Pedro de Vera, el castellano que finalizará el sometimiento de la isla de Gran Canaria, procederá al reparto de tierras entre los nuevos colonos y aquellos que ya habitaban la isla. Su situación difiere de otras estructuras insulares debido a la diferecia del agente de conquista: Las islas de Lanzarote, Fuerteventura, La Gomera y El Hierro quedarán bajo dominio señorial, mientras que Gran Canaria, Tenerife y La Palma quedarán bajo dominio realongo. En este repartimento se divide la isla en cuatro distritos (Pérez, 2012), quedando el Suroeste reservado para la Corona e tres para el reparto entre los colonos: El de Gáldar desde La Aldea de San Nicolás hasta Azuaje; el de Las Palmas, desde Azuaje hasta Jinámar aproximadamente, y el de Telde, abarcando desde Jinámar hasta los barrancos del sur.

Ya bien entrado el siglo XVI es cuando aparecen los primeros auyuntamientos con elección de alcalde real, aunque con una estrecha vinculación a la estructura parroquial existente, siendo los siguientes poblamientos: Agaete, Agüimes, (La) Aldea, Artenara, Arucas, Firgas, Gáldar, Guía, La Vega (Santa Brígida), Moya, San Lorenzo, Tejeda, Telde, Teror e Tirajana, además de la propia capital, Las Palmas. (Suárez Grimón, 1993, pág. 128).

Esta situación se va a mantener hasta el siglo XIX, cuando van surgiendo nuevas parroquias, salvo en el caso de Firgas y de Valleseco -dependientes de Arucas y Teror respectivamente-, que reclaman, del mismo modo que sus antecesoras, el derecho a constituirse en ayuntamientos independientes. De este modo nacerán los ayuntamientos de Valsequillo, segregado de Telde; y de La Vega de San Mateo, segregado de La Vega -actualmente Santa Brígida-, en 1802. Poco después, entre 1812 e 1814 surgen en el sur los ayuntamientos de Mogán, segregado de Tejeda; Santa Lucía de Tirajana, separándose de San Bartolomé de Tirajana; e Ingenio, segregado de Agüimes. La última escisión municipal vendrá de la mano de Valleseco, que se escindirá de Teror en el año 1842.

 

El caso del Municipio de San Lorenzo

Aunque la Guerra Civil Española dejó pocos episodios de batalla directa en las Illas, esta imprimió una fuerte huella en la organización territorial del contorno de la ciudad, todavía, de Las Palmas -el añadido “de Gran Canaria” no fue oficial hasta el año 1954-, ya que el ayuntamiento limítrofe de San Lorenzo decidió en sesión plenaria en el año 1939 anexionarse al municipio de Las Palmas, otorgándole más de la mitad de su territorio actual e incluyendo zonas de posterior expansión de ciudad como serían los barrios de Guanarteme, Escaleritas, Schamman, Tamaraceite o Siete Palmas, entre otros.

Por lo que muestran investigaciones como la tesis doctoral “Estudio Microhistórico de San Lorenzo de Tamaraceite” de Juan Francisco Santana Domínguez (2006), la anexión muy probablemente fue cursada de modo ilegal por presiones e coacciones del gobernador civil en la época. Más allá  de las causas y las consecuencias políticas, queda esta como la última modificación en la estructura de la organización territorial de la isla de Gran Canaria.

 

 

Bibliografía

Álvarez Delgado, J. (1982). Instituciones políticas indígenas de Gran Canaria. Anuario de Estudios Atlánticos(28), 265-341.

Hernández Hernández, P. (2006). Conocer Canarias. Mil preguntas y respuestas para disfrutar. La Laguna: Tafor Publicaciones.

Pérez, H. (24 de marzo de 2012). GRAN CANARIA ORIGEN Y NOTICIAS DE SUS LUGARES. Obtenido de Mi Gran Canaria: http://toponimograncanaria.blogspot.com.es/2012/03/origen-y-noticias-de-lugares-de-gran.html

Santana Domínguez, J. F. (2006). Historia del municipio San Lorenzo de Tamaraceite : recuperando la memoria histórica . Islas Canarias: Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas.

Suárez Grimón, V. J. (1993). El orígen de los municipios de Gran Canaria. Vegueta, 127-143.

 

 

¿Qué es el Bucio de Antier?

LOGO BUCIO DE ANTIERBienvenidx a un pequeño proyecto de divulgación histórica y cultural en el que trataremos de acercarte todo aquello que aconteció y que marca nuestro camino como sociedad a día de hoy. Aprovechamos esta publicación para hacer una modesta declaración de intenciones y para explicar por qué nace El Bucio de Antier. En caso de preferir un comienzo directo, en breve subiremos nuestra primera publicación sobre la organización territorial histórica de la isla de Gran Canaria.

Los antecedentes

Este blog es una lejana quimera que está tomando forma a día de hoy, y que hunde sus raíces en la infancia de quien les escribe, mientras escuchaba todos los domingos en su radio el programa “Historia de Canarias”, presentado por María Domenech en la radio autonómica canaria. Gracias a este programa se desarrolló el interés por la Historia, cercana y accesible.

También juegan papeles de importancia profesores -más bien, maestrxs-, entre los que debo mencionar a todo el equipo docente del CEIP Dr. Juan Negrín (Las Palmas), a Lois Gutiérrez o  a Pedro Gasalla, entre muchos otros. Merece una mención especial el departamento de Dinamización Lingüística “Ollomao” (IES San Rosendo-Mondoñedo) y Luz Galocha, gracias a quien he conseguido una base de confianza y buen hacer difícil de expresar con palabras. Experiencias propias, como una pequeña investigación sobre la figura de Juan Negrín durante su estadía en Valencia, también han alimentado la intención de crear, resumir y divulgar conocimiento histórico a todo aquel que quiera conocerlo.

La presencia de youtubers divulgadores como QuantumFracture, CdeCiencia, Jaime Altozano, Ter y algunos similares; así como la demanda de conocimiento accesible, pedían a gritos un espacio de difusión de Historia Local, aunque sea de pequeña envergadura. Por todo esto y gracias a esto, eclosiona El Bucio de Antier.

Temas y estructura

En El Bucio de Antier trataremos temas principalmente de Historia Local, relacionadas en gran medida con el entorno del equipo, estando este a caballo entre el Archipiélago Canario y Galicia. Sin embargo, no será extraño ver aparecer asuntos etnográficos, culturales o históricos de carácter local o universal. Entrando en la confianza de quien escribe una carta entre amigos, este será un lugar donde convergerán las inquietudes humanísticas de nuestro equipo. También procuramos que este sea un espacio recíproco, por lo que trataremos de atender cualquier duda histórica que podamos resolver, en un apartado llamado “Tu Bucio”.

En lo relativo a los medios para hacer llegar la información, desde el equipo hemos querido plantear un abanico variado. Por ahora, presentaremos una publicación escrita cada quincena aproximadamente. Con el paso del tiempo, y dependiendo de la capacidad del equipo, queremos lanzar a un proyecto audiovisual, para así aproximarles todo cuanto deseen saber y les podamos ofrecer. En cuanto a la lengua, dependerá del asunto tratado en cada publicación, aunque normalmente la elección será entre gallego ILG-RAG, gallego internacional o castellano de Canarias; esperando poder ofrecer una alternativa en formato pdf en las otras lenguas y normas.

“La Arrancaílla”

Y para esto terminar,

llega esta “arrancaílla”

que con unas decimillas

el tema ha de condensar.

Vean el Bucio tocar

cumpliendo su cometido:

Llevarles lo conocido

de lo que otros hicieron,

de quienes nos precedieron

en este mundo atrevido.

¿Que é “El Bucio de Antier”?

LOGO BUCIO DE ANTIER

Benvidx a un pequeno proxecto de divulgación histórica e cultural, no que procuraremos facilitarche todo o que aconteceu e que marca o noso camiño como sociedade a día de hoxe. Aproveitamos esta publicación para facer unha modesta declaración de intencións e para explicar por que nace “El Bucio de Antier”. No caso de preferires un comezo directo, en breve subiremos a nosa primeira publicación sobre a organización territorial histórica da illa de Gran Canaria.

 

 

Os antecedentes

 

Este blog é unha lonxana quimera que está a tomar forma e que afunde as súas raíces na infancia de quen lles escribe, mentres escoitaba todos os domingos no seu radio o programa “Historia de Canarias”, presentado por María Domenech na radio autonómica canaria. Gracias a este programa desenvolveu o interese pola Historia, próxima e accesíbel.

Tamén xogan papeis de importancia profesores -máis ben, mestrxs-, entre os que debo mencionar a todo o equipo docente do CEIP Dr. Juan Negrín (Las Palmas), a Lois Gutiérrez ou a Pedro Gasalla, entre moitos outros. Merece unha mención especial o departamento de Dinamización Lingüística “Ollomao” (IES San Rosendo-Mondoñedo) e Luz Galocha, gracias a quen conseguín unha base de confianza e bo facer difícil de expresar con palabras. Experiencias propias, como unha pequena investigación sobre a figura de Juan Negrín durante a súa estadía en Valencia, tamén alimentaron a intención de crear, resumir e divulgar coñecemento histórico a todo aquel que quixera coñecelo.

A presenza de youtubers divulgadores como QuantumFracture, CdeCiencia, Jaime Altozano, Ter y algúns similares; así como a demanda de coñecemento accesíbel, pedían a gritos un espazo de difusión de Historia Local, aínda que sexa de pequena envergadura. Por todo isto e gracias a isto, aparece El Bucio de Antier.

 

 

Temas e estrutura

 

N’El Bucio de Antier trataremos temas principalmente de Historia Local, relacionadas en grande medida co entorno do equipo, estando este  entre o Arquipélago Canario e Galicia. Porén, non será estraño ver aparecer asuntos etnográficos, culturais ou históricos de carácter local ou universal. Entrando na confianza de quen escribe unha carta entre amigos, este será un lugar onde converxerán as inquedanzas humanísticas do noso equipo. Tamén procuramos que este sexa un espazo recíproco, polo que trataremos de atender calquera dúbida histórica que podamos resolver, nun apartado chamado “O Teu Bucio”.

No relativo aos medios para facer chegar la información, desde o equipo quixemos formular un abano variado. Por agora, presentaremos unha publicación escrita cada quincena, aproximadamente. Co paso do tempo, e dependendo da capacidade do equipo, queremos lanzar un proxecto audiovisual, para así aproximarmos todo canto desexedes saber e vos podamos oferir. No tocante á lingua, dependerá do asunto tratado en cada publicación, aínda que normalmente a elección será entre galego ILG-RAG, galego internacional o castelán de Canarias; esperando poder ofrecer unha alternativa en formato pdf nas outras linguas e normas.

 

 

“La Arrancaílla”

 

E para isto rematar,

chega esta “arrancaílla”

que cunhas “decimillas”

o tema ha de condensar.

Vede o Bucio tocar

cumplindo o seu cometido:

Levarvos o coñecido

do que outros fixeron,

daqueles que nos precederon

neste mundo atrevido.

Una nueva voz

tauro

En homenaje a Tauro (Gran Canaria)

Comenzamos una nueva andadura en Internet, en la que dar voz a la Historia, a la Cultura y a las vivencias de nuestros entornos. Esperamos que nuestro trabajo sea de su agrado y podamos compartir con ustedes aquello que conozcamos y aquello que nos inviten a investigar.
Les agradecemos este primer voto de confianza y les prometemos un pronto comienzo para un proyecto que creemos necesario e ilusionante.

Atte.
El equipo de El Bucio de Antier